Entradas

DÍA DA PAZ 2021

Imagen
O Día escolar da non violencia e a paz celébrase hoxe, 30 de xaneiro. Para conmemorar este día tan importante no colexio fixemos un rosco colaborativo entre todo o alumnado no que puxemos o alfabeto galego e en cada letra, palabras relacionadas coa paz. Así de chulo quedou: Ademais, adaptamos e traducimos ao galego o conto "¡Quiero una medalla!" que estivo a disposición de todo o centro para que cada titor/a lera co alumnado na súa aula. Por aquí o volvemos a deixar por se o queredes volver a ler. Clickade na imaxe e vos levara ao conto. Recordade o importante que é este día pero tamén manter a paz entre todos e todas durante todo o ano.

VISITA DOS REIS MAGOS O 22 DE DECEMBRO

Imagen
 Boas a todos e todas! Un ano máis recibimos no noso centro, o pasado 22 de decembro, a visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. As circunstancias que rodean este curso escolar, co Covid, obligáronnos a recibir esta visita de maneira diferente. Máscara, distancia, aire libre...Pero iso non quitou as caras de ilusión dos rapaces e rapazas que lles entregaron as súas cartas as Reis coa esperanza de recibir mañá, 6 de xaneiro, os seus ansiados regalos. Agardamos que vos guste o vídeo e que mañá recibades as vosas sorpresas. Sempre e cando vos portárades ben no 2020! Que estamos seguros que sí! Pasade unha noite e un día de Reis marabilloso! Aproveitamos tamén, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e desde toda a comunidade educativa para desexarvos un feliz 2021!

25 NOVEMBRO DO 2020 - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
 Para conmemorar este día realizamos este vídeo entre todo o alumnado do centro. Agardamos que vos guste!

SAMAÍN 2020

Imagen
 O pasado venres 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. Ao longo da semana decoramos as portas das aulas, fixemos unhas lápidas, puxémoslles epitafios, trouxemos unhas cabazas decoradas da casa...E, para rematar, o venres viñemos disfrazados ao colexio e a última hora, nas nosas aulas, bailamos a canción de "Tumba, tumba"! Foi un Samaín lixeiramente diferente ao doutros anos...pero fixemos todo o posible por pasalo xenial! Aquí tedes o video recopilatorio:

BENVIDOS E BENVIDAS!

Imagen
 BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE CURSO TAN ESPECIAL! O curso 2020/2021 xa hai un mes e medio que comezou e esta semana chega a primeira celebración: O SAMAÍN! Para celebralo temos pensadas algunhas actividades, que unha vez que pasen recolleremos no blogue, así que estade atentos e atentas! De momento, tedes aquí o enlace para o blogue da biblioteca do colexio para que botelles unha ollada a todos os libros e contos que podedes ler con motivo desta celebración: https://biblioviladerutis.blogspot.com/ Agardamos que vos gusten moito! Biquiños a todos e todas!

REVISTA "AS VOCES DO VILA" 2019/2020

Imagen
A pesar de que este foi un curso estraño e difícil, co traballo de toda a comunidade educativa, e o esforzo do EDLG, sae á luz "As voces do Vila", a primeira revista do noso centro que reflexa algunhas actividades levadas a cabo durante este curso escolar, tanto de maneira presencial como no confinamento. Esperamos que vos guste.

Semana das Letras Galegas III

Imagen
Rematamos a semana das Letras Galegas cunha proposta de actividades que coidamos ides desfrutar. Van a continuación unha serie de actividades divididas por cursos, pero podedes facelas todos e todas igual, xa que vos permitirán aprender sobre o Ricardo Carvalho dunha maneira que coidamos vos resultará moi divertida.  Para Educación Infantil e para quen se anime, propoñemos estas manualidades relacionadas co conto "As Pitas baixo a choiva". Tamén tedes esta actividade tan divertida para facer a través de Kahoot . Cando vos manden escoller o nome, poñede un moi raro, se poñedes só o voso nome, como "María" seguramente vai estar collido e non vos vai deixar continuar. https://kahoot.it/challenge/03210239?challenge-id=01ff7ecf-c26b-4bef-b7bd-7b7bd58e30e4_1588356376054 Os de primeiro e segundo animádevos a facer estes xogos cos que seguro que pasaredes un bo rato ao tempo que aprendedes un pouquiño: https://learningapps.org/di...