Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como comunidade educativa

DÍA DA POESÍA 2022

Para conmemorar este día levamos a cabo unha actividade conxunta co CEIPP Anxo da Garda de A Coruña. Baixo o lema "Para festexar este día, de agasallo, unha poesía" alumnado de ambos centros graváronse recitando poemas en Lingua Galega. Hoxe todo o alumnado levou para a casa unha tarxetiña cun código QR, que enlaza co audio dunha desas poesías. Aquí podedes escoitar todas as poesías gravadas. Agardamos que vos gusten! 4º B EI "Biqueite" 6º A EI "Vagalume de versos" 6º B EI "Astronauta semanal" 6º B EI "A estación de tren" 1º A EP "Animais" 1º A EP " Na cociña" 1º A EP "O paxariño" 1º B EP "Vente rapaza" 2º EP "O sol" 3º A EP "Un neno no xardín" 3º B EP "A marabillosa primavera" 4º A EP "A Pantasma" (Adriana) 4º A EP "Cada estrela" (Xiana) 4º A EP "No niño novo do vento" (Delia) 4º A EP "A noite escura" (Mª Alejandra) 4ºA EP ...

8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

Imagen
Para conmemorar o 8 de marzo, levamos a cabo unha instalación artística baseada na de Pilar Cerdá, titulada "Ants traballadores". Aquí vos deixamos unha pequena explicación desta instalación e o resultado final.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022

Imagen
Para homenaxear a esta escritora no seu día preparamos un vídeo utilizando o conto "Rosalía pequeniña" de Uxía Senlle. O alumnado de Educación Primaria recitou os versos e o alumnado de Educación Infantil encargouse do estribillo. FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Imagen
Para a conmemoración deste día levouse a cabo unha instalación artística insprada na de Rivane Neuenschwander titulada "I wish your wish". Esta instalación está baseada na tradición brasileira das pulseiras de cores: se fas tres nudos e pides algo por cada un deles, cando o triple nudo se desfaga, os teus desexos cumpriranse. Nun primeiro paso, os nenos/as escribiron nunha pulseira de cores unha palabra que relacionan coa paz. Todas esas pulseiras puxéronse na entrada do centro. Unha vez que todas as pulseiras estiveron colgadas, cada neno/a foi e cambiou un desexo de paz escrito nun papel por unha das pulseiras, que posteriormente levaron para a casa.