Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

SAMAÍN 2020

Imagen
 O pasado venres 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. Ao longo da semana decoramos as portas das aulas, fixemos unhas lápidas, puxémoslles epitafios, trouxemos unhas cabazas decoradas da casa...E, para rematar, o venres viñemos disfrazados ao colexio e a última hora, nas nosas aulas, bailamos a canción de "Tumba, tumba"! Foi un Samaín lixeiramente diferente ao doutros anos...pero fixemos todo o posible por pasalo xenial! Aquí tedes o video recopilatorio:

BENVIDOS E BENVIDAS!

Imagen
 BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE CURSO TAN ESPECIAL! O curso 2020/2021 xa hai un mes e medio que comezou e esta semana chega a primeira celebración: O SAMAÍN! Para celebralo temos pensadas algunhas actividades, que unha vez que pasen recolleremos no blogue, así que estade atentos e atentas! De momento, tedes aquí o enlace para o blogue da biblioteca do colexio para que botelles unha ollada a todos os libros e contos que podedes ler con motivo desta celebración: https://biblioviladerutis.blogspot.com/ Agardamos que vos gusten moito! Biquiños a todos e todas!