Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Entroido

Imagen
Celebramos e coñecemos as particularidades do noso especial Entroido galego: as súas figuras, a súa orixe, a súa importancia, a súa gastronomía... Viaxamos polo mundo, pero comezando, como non, na nosa terra!

Día de Rosalía

Imagen
Celebramos a Rosalía de Castro, unha das grandes poetas da literatura española e grande representante do Rexurdimento galego. A súa obra "Cantares gallegos" é considernada a primeira grande obra de literatura galega contemporánea, o que a convertiu en símbolo do noso pobo.

Día da Paz

Imagen
Xuntámonos para celebrar a Paz e Non Violencia e para desexar que sexa todos os días do ano e en todas as partes do mundo

Nadal

Imagen
Por Nadal non só nos visitaron os Reis Magos, tamén coñecimos quen é a figura do Apalpador, cantamos panxoliñas e cancións tradicionais da nosa terra, asistimos a concertos interxeracionais... Toda unha aventura!!

Magosto

Imagen
Que ben o pasamos celebrando o Magosto con todo o cole e que boas estaban as castañas. Grazas familias do ANPA por aportalas e asalas! Fixemos máis actividades relacionadas co Magosto, como aprender e recitar a poesía de "Castaña, castaña" ou distintas manualidades e creacións artísticas.

Samaín

Imagen
Comezamos a celebración desta data tan importante aprendendo sobre a súa orixe. Foi antes o Samhaín que o Halloween...! Tamén aprendimos que fan por este día noutras partes do mundo, dacordo co tema do noso colexio. Decoramos as clases, o colexio, disfrazámonos, degustamos os marabillosos postres terroríficos, vimos a exhibición de cabazas, escoitamos un conto en galego cunhas protagonistas bruxas moi especiais, e cantamos todo o colexio a tamén canción galega do Samaín. Foi un día moi divertido!