Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

DÍA DA MULLER

Imagen
Este ano, tivemos a sorte de contar coa participación de diferentes mulleres do noso concello para falar sobre a súa vida. Na páxina web do centro podedes ver as nosas entrevistas, divididas por niveis, a estas mulleres da nosa contorna. Esperamos que vos gusten! http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipviladerutis/

DÍA DE ROSALÍA 2021

Imagen
O 24 de febreiro, como cada ano, conmemoramos o día de Rosalía. Entre todo o alumnado do centro elaboramos un collage da caricatura de Rosalía. Así de bonito quedou! Ademais, nas aulas, os titores e titoras tamén traballaron co alumnado sobre esta autora e a súa importancia na historia e cultura galega. No blog da biblio tedes lecturas e vídeos relacionados coa autora. Pasade a velos!

ENTROIDO CREATIVO 2021

Imagen
Este ano a celebración do entroido foi distinta ao resto de cursos...xa que non puidemos facer festival nin desfile. Pero...tivemos os mandadiños do Meco!