Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

DÍA DA PAZ 2021

Imagen
O Día escolar da non violencia e a paz celébrase hoxe, 30 de xaneiro. Para conmemorar este día tan importante no colexio fixemos un rosco colaborativo entre todo o alumnado no que puxemos o alfabeto galego e en cada letra, palabras relacionadas coa paz. Así de chulo quedou: Ademais, adaptamos e traducimos ao galego o conto "¡Quiero una medalla!" que estivo a disposición de todo o centro para que cada titor/a lera co alumnado na súa aula. Por aquí o volvemos a deixar por se o queredes volver a ler. Clickade na imaxe e vos levara ao conto. Recordade o importante que é este día pero tamén manter a paz entre todos e todas durante todo o ano.

VISITA DOS REIS MAGOS O 22 DE DECEMBRO

Imagen
 Boas a todos e todas! Un ano máis recibimos no noso centro, o pasado 22 de decembro, a visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. As circunstancias que rodean este curso escolar, co Covid, obligáronnos a recibir esta visita de maneira diferente. Máscara, distancia, aire libre...Pero iso non quitou as caras de ilusión dos rapaces e rapazas que lles entregaron as súas cartas as Reis coa esperanza de recibir mañá, 6 de xaneiro, os seus ansiados regalos. Agardamos que vos guste o vídeo e que mañá recibades as vosas sorpresas. Sempre e cando vos portárades ben no 2020! Que estamos seguros que sí! Pasade unha noite e un día de Reis marabilloso! Aproveitamos tamén, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e desde toda a comunidade educativa para desexarvos un feliz 2021!