VISITA DOS REIS MAGOS O 22 DE DECEMBRO

 Boas a todos e todas!

Un ano máis recibimos no noso centro, o pasado 22 de decembro, a visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. As circunstancias que rodean este curso escolar, co Covid, obligáronnos a recibir esta visita de maneira diferente. Máscara, distancia, aire libre...Pero iso non quitou as caras de ilusión dos rapaces e rapazas que lles entregaron as súas cartas as Reis coa esperanza de recibir mañá, 6 de xaneiro, os seus ansiados regalos.

Agardamos que vos guste o vídeo e que mañá recibades as vosas sorpresas. Sempre e cando vos portárades ben no 2020! Que estamos seguros que sí!

Pasade unha noite e un día de Reis marabilloso!

Aproveitamos tamén, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e desde toda a comunidade educativa para desexarvos un feliz 2021!



Comentarios

Entradas populares de este blog

SAMAÍN