DÍA DA PAZ 2021

O Día escolar da non violencia e a paz celébrase hoxe, 30 de xaneiro. Para conmemorar este día tan importante no colexio fixemos un rosco colaborativo entre todo o alumnado no que puxemos o alfabeto galego e en cada letra, palabras relacionadas coa paz. Así de chulo quedou:


Ademais, adaptamos e traducimos ao galego o conto "¡Quiero una medalla!" que estivo a disposición de todo o centro para que cada titor/a lera co alumnado na súa aula. Por aquí o volvemos a deixar por se o queredes volver a ler. Clickade na imaxe e vos levara ao conto.


Recordade o importante que é este día pero tamén manter a paz entre todos e todas durante todo o ano.





Comentarios

Entradas populares de este blog

SAMAÍN