BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE CURSO TAN ESPECIAL! O curso 2020/2021 xa hai un mes e medio que comezou e esta semana chega a primeira celebración: O SAMAÍN! Para celebralo temos pensadas algunhas actividades, que unha vez que pasen recolleremos no blogue, así que estade atentos e atentas! De momento, tedes aquí o enlace para o blogue da biblioteca do colexio para que botelles unha ollada a todos os libros e contos que podedes ler con motivo desta celebración: https://biblioviladerutis.blogspot.com/ Agardamos que vos gusten moito! Biquiños a todos e todas!
Con motivo da conmemoración do 1 de abril, Dia das Artes Galegas 2023, deixamos por aquí este material elaborado por sete centros coruñeses para dar a coñecer entre os nosos alumnos e alumnas a figura e o legado do homenaxeado de este ano, o trobador Martín Códax. Ud Martín Códax Calameo Publish at Calameo
Blogue adicado a Florencio Delgado realizado polo CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá (gañadores do concurso de carteis e guía didáctica). Páxina do "Seminario Galán" (con actividades en papel, dixitais, bibliografía... para todas as etapas. Libriño para as Letras Galegas 2022 realizado por "A Mestra Cris" Carouta coa cara de Florencio realizada por OZOCOgz Canción sobre Florencio Delgado realizada por Samuel Soto Escolma poética realizada pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda Lista de reproducción "Florencio Delgado Guirriarán. O soño da Galiza infinda" realizada pola RAG. Primavera das Letras realizada pola RAG (con xogos, marcapáxinas, debuxos...)
Comentarios
Publicar un comentario