Semana das Letras Galegas III

Rematamos a semana das Letras Galegas cunha proposta de actividades que coidamos ides desfrutar.

Van a continuación unha serie de actividades divididas por cursos, pero podedes facelas todos e todas igual, xa que vos permitirán aprender sobre o Ricardo Carvalho dunha maneira que coidamos vos resultará moi divertida. 

Para Educación Infantil e para quen se anime, propoñemos estas manualidades relacionadas co conto "As Pitas baixo a choiva".






Tamén tedes esta actividade tan divertida para facer a través de Kahoot. Cando vos manden escoller o nome, poñede un moi raro, se poñedes só o voso nome, como "María" seguramente vai estar collido e non vos vai deixar continuar.

Os de primeiro e segundo animádevos a facer estes xogos cos que seguro que pasaredes un bo rato ao tempo que aprendedes un pouquiño:


Terceiro e cuarto, que ben o ides pasar coa seguinte! Vaivos pedir que iniciedes sesión, pero lle dades a "entrar como convidado" e xa podedes entrar. Para facer os quebracabezas, debedes ir collendo a peza que vos aparece enriba á dereira e movéndoa ao lugar axeitado. Cando rematedes cada actividade premedes a frecha da dereita e xa vos leva á seguinte.

Para quinto e sexto deseñamos este xogo, pero tamén podedes facer as anteriores!

Rematamos a Semana das Letras Galegas! Esperamos que o pasarades tan ben coma nós e que aprenderades moito.

Unha aperta enorme do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Vila de Rutis.



Comentarios

Entradas populares de este blog

SAMAÍN

Día das artes galegas 2023

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA