Entradas

REVISTA ESCOLAR

Xa podedes ver o último número da nosa revista premendo neste enlace.  REVISTA

Día das Letras Galegas

Imagen
 Para conmemorar este día, fixemos este mural colectivo e decoramos unhas chapas baixo o lema Bota a lingua polo galego. Nel están reflectidas as nosas palabras favoritas do idioma.   

Día das artes galegas 2023

Con motivo da conmemoración do 1 de abril, Dia das Artes Galegas 2023, deixamos por aquí este material elaborado por sete centros coruñeses para dar a coñecer entre os nosos alumnos e alumnas a figura e o legado do homenaxeado de este ano, o trobador Martín Códax. Ud Martín Códax Calameo Publish at Calameo

Día da muller

Imagen
Para conmemorar o 8 de marzo, día da muller, fixemos una exposición con postais colgantes das  nosas mulleres favoritas.  

Día de Rosalía

Imagen
 O pasado 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro. Entre todas as aulas fixemos este mural onde aparecen ademáis de varias imaxes de Rosalía, a liña cronolóxica da súa vida, varios poemas para ler e escoitar, e noticias na prensa nas que aparece a nosa poetisa. Ademáis ese día no comedor serviron de menú o "Caldo de gloria" de Rosalia. Podedes escanear este códigos QR para escoitar algúns versos de Rosalía recitados polos nosos nenos.

SAMAÍN

Imagen
  Estas últimas semanas para conmemorar o  Samaín decoramos as aulas, corredores e a entrada do cole cuns platos terroríficos. O día 28 de outubro tivemos un dia cheo de actividades, sorpresas, contacontos e merendas especiais! Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades ver o ben que o pasamos!  

REVISTA ESCOLAR 2022

Aquí podedes ver a revista deste curso.  AS VOCES DO VILA Agardamos que vos guste!

CONCURSO PASAPALABRA

Imagen
 Para conmemorar o Día das Letras Galegas os grupos de cada nivel competiron nun xogo de pasapalabra. As definicións e palabras foron escollidas polo alumnado de todo o centro.

RECURSOS FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Blogue adicado a Florencio Delgado realizado polo CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá (gañadores do concurso de carteis e guía didáctica).  Páxina do "Seminario Galán" (con actividades en papel, dixitais, bibliografía... para todas as etapas. Libriño para as Letras Galegas 2022 realizado por "A Mestra Cris" Carouta coa cara de Florencio realizada por OZOCOgz Canción sobre Florencio Delgado realizada por Samuel Soto Escolma poética realizada pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda Lista de reproducción "Florencio Delgado Guirriarán. O soño da Galiza infinda" realizada pola RAG. Primavera das Letras realizada pola RAG (con xogos, marcapáxinas, debuxos...)

ROSCO PASAPALABRA LETRAS GALEGAS 2022

  EDUCACIÓN INFANTIL ROSCO PASAPALABRA EDUCACIÓN INFANTIL GRUPOS A ROSCO PASAPALABRA EDUCACIÓN INFANTIL GRUPOS B      EDUCACIÓN PRIMARIA ROSCO PASAPALABRA EDUCACIÓN PRIMARIA GRUPOS A ROSCO PASAPALABRA EDUCACIÓN PRIMARIA GRUPOS B

DÍA DA POESÍA 2022

Para conmemorar este día levamos a cabo unha actividade conxunta co CEIPP Anxo da Garda de A Coruña. Baixo o lema "Para festexar este día, de agasallo, unha poesía" alumnado de ambos centros graváronse recitando poemas en Lingua Galega. Hoxe todo o alumnado levou para a casa unha tarxetiña cun código QR, que enlaza co audio dunha desas poesías. Aquí podedes escoitar todas as poesías gravadas. Agardamos que vos gusten! 4º B EI "Biqueite" 6º A EI "Vagalume de versos" 6º B EI "Astronauta semanal" 6º B EI "A estación de tren" 1º A EP "Animais" 1º A EP " Na cociña" 1º A EP "O paxariño" 1º B EP "Vente rapaza" 2º EP "O sol" 3º A EP "Un neno no xardín" 3º B EP "A marabillosa primavera" 4º A EP "A Pantasma" (Adriana) 4º A EP "Cada estrela" (Xiana) 4º A EP "No niño novo do vento" (Delia) 4º A EP "A noite escura" (Mª Alejandra) 4ºA EP ...

8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

Imagen
Para conmemorar o 8 de marzo, levamos a cabo unha instalación artística baseada na de Pilar Cerdá, titulada "Ants traballadores". Aquí vos deixamos unha pequena explicación desta instalación e o resultado final.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022

Imagen
Para homenaxear a esta escritora no seu día preparamos un vídeo utilizando o conto "Rosalía pequeniña" de Uxía Senlle. O alumnado de Educación Primaria recitou os versos e o alumnado de Educación Infantil encargouse do estribillo. FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Imagen
Para a conmemoración deste día levouse a cabo unha instalación artística insprada na de Rivane Neuenschwander titulada "I wish your wish". Esta instalación está baseada na tradición brasileira das pulseiras de cores: se fas tres nudos e pides algo por cada un deles, cando o triple nudo se desfaga, os teus desexos cumpriranse. Nun primeiro paso, os nenos/as escribiron nunha pulseira de cores unha palabra que relacionan coa paz. Todas esas pulseiras puxéronse na entrada do centro. Unha vez que todas as pulseiras estiveron colgadas, cada neno/a foi e cambiou un desexo de paz escrito nun papel por unha das pulseiras, que posteriormente levaron para a casa. 

INTERCAMBIO DE POSTAIS

Imagen
Este ano, cada neno/a fixo unha postal cunha mensaxe en galego para intercambiala con outro neno/a do centro. Debido ás medidas Covid este intercambio fixémolo utilizando un buzón. Cada grupo pasou por alí para deixar a súa postal. BO NADAL!

COLLAGE APALPADOR

Imagen
Despois de traballar a figura do apalpador nas aulas, cada grupo decorou unha peza para montar un collage coa súa imaxe. Estamos moi contentos co resultado!

CALENDARIO DE CONTA ATRÁS PARA VACACIÓNS DE NADAL

Imagen
Aquí vos deixamos un calendario de conta atrás ata as vacacións de nadal. Cada día inclúe un reto para resolver en grupo. Xa non queda nada...

RECURSOS APALPADOR: MATERIAIS IMPRESOS

Aquí vos deixamos diversos recursos para utilizar nas aulas: Debuxos do apalpador (en cor e para colorear) Debuxos da fauna do Courel  (en cor e para colorear) Debuxos da flora do Courel (en cor e para colorear) A contar co apalpador  (números do 1 ao 5) Grafomotricidade   Material para a recuperación da figura do apalpador   Materiais para facer unha postal con pop-up Monta o teu apalpador Unidade didáctica elaborada polo equipo de Biblioteca do CEIP Mestres Goldar (primeiro ciclo) Ficha interactiva para alumnado de 3º- 4º Guía didáctica realizada por A  Mesa pola normalización lingüística  (segundo e terceiro ciclo de primaria) Guía didáctica  elaborada por Artabria fundaçom (para todos os niveis) Guía elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Ponte dos Brozos  (todos os niveis) Carta para o Apalpador

RECURSOS APALPADOR: CONTOS

Imagen
Aquí vos deixamos varios vídeos con contos que xiran ao redor da súa figura: "Conto do Apalpador" realizado plo EDLG do CEIP Castelao "O Apalpador" realizado polo CEIP Coiron Dena Neste enlace podedes descargar un Power Point cun conto da Rata Luisa e o apalpador (Educación Infantil e primeiro ciclo) Tamén podedes utilizar algún en papel coma por exemplo: Neste enlace podedes visualizar o conto O Apalpador de Xoán G.

RECURSOS APALPADOR: CANCIÓNS

Imagen
Aquí vos deixamos varias cancións sobre o apalpador. "O apalpador" de Paco Nogueiras "O Apalpador" de Javier Prado Espiñeira e Cristina Corral Solán "A cantiga do Apalpador" do grupo Malvela "O Apalpador" de Roberto Grandal e ilustracións de Leandro Lamas "O Apalpador" de Mamá Cabra e con LSE A MOVER TOD@S ESES ESQUELETES!