Para a conmemoración deste día levouse a cabo unha instalación artística insprada na de Rivane Neuenschwander titulada "I wish your wish". Esta instalación está baseada na tradición brasileira das pulseiras de cores: se fas tres nudos e pides algo por cada un deles, cando o triple nudo se desfaga, os teus desexos cumpriranse. Nun primeiro paso, os nenos/as escribiron nunha pulseira de cores unha palabra que relacionan coa paz. Todas esas pulseiras puxéronse na entrada do centro. Unha vez que todas as pulseiras estiveron colgadas, cada neno/a foi e cambiou un desexo de paz escrito nun papel por unha das pulseiras, que posteriormente levaron para a casa.
Estas últimas semanas estivemos levando a cabo os preparativos para festejar Samaín: algunhas decoración para as aulas e uns monstros terroríficos que puxemos na entrada do colexio. O día 29 de outubro tivemos un dia cheo de actividades, sorpresas, contacontos e algún que outro susto! Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades ver o ben que o pasamos!
Comentarios
Publicar un comentario