Para conmemorar este día, fixemos este mural colectivo e decoramos unhas chapas baixo o lema Bota a lingua polo galego. Nel están reflectidas as nosas palabras favoritas do idioma.
Estas últimas semanas para conmemorar o Samaín decoramos as aulas, corredores e a entrada do cole cuns platos terroríficos. O día 28 de outubro tivemos un dia cheo de actividades, sorpresas, contacontos e merendas especiais! Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades ver o ben que o pasamos!
Con motivo da conmemoración do 1 de abril, Dia das Artes Galegas 2023, deixamos por aquí este material elaborado por sete centros coruñeses para dar a coñecer entre os nosos alumnos e alumnas a figura e o legado do homenaxeado de este ano, o trobador Martín Códax. Ud Martín Códax Calameo Publish at Calameo
Bo día! Seguimos celebrando a Semana das Letras Galegas . Hoxe cunha actividade moi especial... Como sabedes, Ricardo Carvalho escribiu un conto para nenos e nenas titulado "As pitas baixo a choiva" . Os alumnos e alumnas de 6º quixeron ler este conto con moito agarimo para todo o colexio. Esperamos que vos guste moito!
Comentarios
Publicar un comentario