Entradas

DÍA DA POESÍA 2022

Para conmemorar este día levamos a cabo unha actividade conxunta co CEIPP Anxo da Garda de A Coruña. Baixo o lema "Para festexar este día, de agasallo, unha poesía" alumnado de ambos centros graváronse recitando poemas en Lingua Galega. Hoxe todo o alumnado levou para a casa unha tarxetiña cun código QR, que enlaza co audio dunha desas poesías. Aquí podedes escoitar todas as poesías gravadas. Agardamos que vos gusten! 4º B EI "Biqueite" 6º A EI "Vagalume de versos" 6º B EI "Astronauta semanal" 6º B EI "A estación de tren" 1º A EP "Animais" 1º A EP " Na cociña" 1º A EP "O paxariño" 1º B EP "Vente rapaza" 2º EP "O sol" 3º A EP "Un neno no xardín" 3º B EP "A marabillosa primavera" 4º A EP "A Pantasma" (Adriana) 4º A EP "Cada estrela" (Xiana) 4º A EP "No niño novo do vento" (Delia) 4º A EP "A noite escura" (Mª Alejandra) 4ºA EP ...

8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

Imagen
Para conmemorar o 8 de marzo, levamos a cabo unha instalación artística baseada na de Pilar Cerdá, titulada "Ants traballadores". Aquí vos deixamos unha pequena explicación desta instalación e o resultado final.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022

Imagen
Para homenaxear a esta escritora no seu día preparamos un vídeo utilizando o conto "Rosalía pequeniña" de Uxía Senlle. O alumnado de Educación Primaria recitou os versos e o alumnado de Educación Infantil encargouse do estribillo. FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Imagen
Para a conmemoración deste día levouse a cabo unha instalación artística insprada na de Rivane Neuenschwander titulada "I wish your wish". Esta instalación está baseada na tradición brasileira das pulseiras de cores: se fas tres nudos e pides algo por cada un deles, cando o triple nudo se desfaga, os teus desexos cumpriranse. Nun primeiro paso, os nenos/as escribiron nunha pulseira de cores unha palabra que relacionan coa paz. Todas esas pulseiras puxéronse na entrada do centro. Unha vez que todas as pulseiras estiveron colgadas, cada neno/a foi e cambiou un desexo de paz escrito nun papel por unha das pulseiras, que posteriormente levaron para a casa. 

INTERCAMBIO DE POSTAIS

Imagen
Este ano, cada neno/a fixo unha postal cunha mensaxe en galego para intercambiala con outro neno/a do centro. Debido ás medidas Covid este intercambio fixémolo utilizando un buzón. Cada grupo pasou por alí para deixar a súa postal. BO NADAL!

COLLAGE APALPADOR

Imagen
Despois de traballar a figura do apalpador nas aulas, cada grupo decorou unha peza para montar un collage coa súa imaxe. Estamos moi contentos co resultado!

CALENDARIO DE CONTA ATRÁS PARA VACACIÓNS DE NADAL

Imagen
Aquí vos deixamos un calendario de conta atrás ata as vacacións de nadal. Cada día inclúe un reto para resolver en grupo. Xa non queda nada...