Entradas

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022

Imagen
Para homenaxear a esta escritora no seu día preparamos un vídeo utilizando o conto "Rosalía pequeniña" de Uxía Senlle. O alumnado de Educación Primaria recitou os versos e o alumnado de Educación Infantil encargouse do estribillo. FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Imagen
Para a conmemoración deste día levouse a cabo unha instalación artística insprada na de Rivane Neuenschwander titulada "I wish your wish". Esta instalación está baseada na tradición brasileira das pulseiras de cores: se fas tres nudos e pides algo por cada un deles, cando o triple nudo se desfaga, os teus desexos cumpriranse. Nun primeiro paso, os nenos/as escribiron nunha pulseira de cores unha palabra que relacionan coa paz. Todas esas pulseiras puxéronse na entrada do centro. Unha vez que todas as pulseiras estiveron colgadas, cada neno/a foi e cambiou un desexo de paz escrito nun papel por unha das pulseiras, que posteriormente levaron para a casa. 

INTERCAMBIO DE POSTAIS

Imagen
Este ano, cada neno/a fixo unha postal cunha mensaxe en galego para intercambiala con outro neno/a do centro. Debido ás medidas Covid este intercambio fixémolo utilizando un buzón. Cada grupo pasou por alí para deixar a súa postal. BO NADAL!

COLLAGE APALPADOR

Imagen
Despois de traballar a figura do apalpador nas aulas, cada grupo decorou unha peza para montar un collage coa súa imaxe. Estamos moi contentos co resultado!

CALENDARIO DE CONTA ATRÁS PARA VACACIÓNS DE NADAL

Imagen
Aquí vos deixamos un calendario de conta atrás ata as vacacións de nadal. Cada día inclúe un reto para resolver en grupo. Xa non queda nada...

RECURSOS APALPADOR: MATERIAIS IMPRESOS

Aquí vos deixamos diversos recursos para utilizar nas aulas: Debuxos do apalpador (en cor e para colorear) Debuxos da fauna do Courel  (en cor e para colorear) Debuxos da flora do Courel (en cor e para colorear) A contar co apalpador  (números do 1 ao 5) Grafomotricidade   Material para a recuperación da figura do apalpador   Materiais para facer unha postal con pop-up Monta o teu apalpador Unidade didáctica elaborada polo equipo de Biblioteca do CEIP Mestres Goldar (primeiro ciclo) Ficha interactiva para alumnado de 3º- 4º Guía didáctica realizada por A  Mesa pola normalización lingüística  (segundo e terceiro ciclo de primaria) Guía didáctica  elaborada por Artabria fundaçom (para todos os niveis) Guía elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Ponte dos Brozos  (todos os niveis) Carta para o Apalpador

RECURSOS APALPADOR: CONTOS

Imagen
Aquí vos deixamos varios vídeos con contos que xiran ao redor da súa figura: "Conto do Apalpador" realizado plo EDLG do CEIP Castelao "O Apalpador" realizado polo CEIP Coiron Dena Neste enlace podedes descargar un Power Point cun conto da Rata Luisa e o apalpador (Educación Infantil e primeiro ciclo) Tamén podedes utilizar algún en papel coma por exemplo: Neste enlace podedes visualizar o conto O Apalpador de Xoán G.