Entradas populares de este blog
Día das artes galegas 2023
Con motivo da conmemoración do 1 de abril, Dia das Artes Galegas 2023, deixamos por aquí este material elaborado por sete centros coruñeses para dar a coñecer entre os nosos alumnos e alumnas a figura e o legado do homenaxeado de este ano, o trobador Martín Códax. Ud Martín Códax Calameo Publish at Calameo
DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
Para a conmemoración deste día levouse a cabo unha instalación artística insprada na de Rivane Neuenschwander titulada "I wish your wish". Esta instalación está baseada na tradición brasileira das pulseiras de cores: se fas tres nudos e pides algo por cada un deles, cando o triple nudo se desfaga, os teus desexos cumpriranse. Nun primeiro paso, os nenos/as escribiron nunha pulseira de cores unha palabra que relacionan coa paz. Todas esas pulseiras puxéronse na entrada do centro. Unha vez que todas as pulseiras estiveron colgadas, cada neno/a foi e cambiou un desexo de paz escrito nun papel por unha das pulseiras, que posteriormente levaron para a casa.
Comentarios
Publicar un comentario