Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Semana das Letras Galegas III

Imagen
Rematamos a semana das Letras Galegas cunha proposta de actividades que coidamos ides desfrutar. Van a continuación unha serie de actividades divididas por cursos, pero podedes facelas todos e todas igual, xa que vos permitirán aprender sobre o Ricardo Carvalho dunha maneira que coidamos vos resultará moi divertida.  Para Educación Infantil e para quen se anime, propoñemos estas manualidades relacionadas co conto "As Pitas baixo a choiva". Tamén tedes esta actividade tan divertida para facer a través de Kahoot . Cando vos manden escoller o nome, poñede un moi raro, se poñedes só o voso nome, como "María" seguramente vai estar collido e non vos vai deixar continuar. https://kahoot.it/challenge/03210239?challenge-id=01ff7ecf-c26b-4bef-b7bd-7b7bd58e30e4_1588356376054 Os de primeiro e segundo animádevos a facer estes xogos cos que seguro que pasaredes un bo rato ao tempo que aprendedes un pouquiño: https://learningapps.org/di

Semana das Letras Galegas II

Imagen
Bo día! Seguimos celebrando a Semana das Letras Galegas . Hoxe cunha actividade moi especial... Como sabedes, Ricardo Carvalho escribiu un conto para nenos e nenas titulado "As pitas baixo a choiva" . Os alumnos e alumnas de 6º quixeron ler este conto con moito agarimo para todo o colexio. Esperamos que vos guste moito!

Semana das Letras Galegas I

Imagen
Ola, ola! Como sabedes, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas . Este ano, debido á situación que estamos a vivir decidiron aprazar a celebración oficial para outubro, pero nós non imos perder a oportunidade de, aínda así, ir facendo algunhas cousiñas durante esta semana. Seguro que xa sabedes que o autor ao que se lle dedican este ano é a Ricardo Carvalho Calero , así que para comezar, aquí vos deixamos estas biografías que montamos para que coñezades un pouquiño quen foi esta persoa: Educación Infantil: https://view.genial.ly/5eb53f36639bfa0d0fdc0696/presentation-letras-galegas-2020 Educación Primaria: https://www.youtube.com/watch?v=1pRHS79YUHY&feature=youtu.be Lédeas con atención, que durante esta semana teredes que ir facendo actividades sobre el! Unha aperta moi grande do Equipo de Dinamización Lingüística do Vila de Rutis.