Entradas

SAMAÍN

Imagen
  Estas últimas semanas para conmemorar o  Samaín decoramos as aulas, corredores e a entrada do cole cuns platos terroríficos. O día 28 de outubro tivemos un dia cheo de actividades, sorpresas, contacontos e merendas especiais! Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades ver o ben que o pasamos!  

REVISTA ESCOLAR 2022

Aquí podedes ver a revista deste curso.  AS VOCES DO VILA Agardamos que vos guste!

CONCURSO PASAPALABRA

Imagen
 Para conmemorar o Día das Letras Galegas os grupos de cada nivel competiron nun xogo de pasapalabra. As definicións e palabras foron escollidas polo alumnado de todo o centro.

RECURSOS FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Blogue adicado a Florencio Delgado realizado polo CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá (gañadores do concurso de carteis e guía didáctica).  Páxina do "Seminario Galán" (con actividades en papel, dixitais, bibliografía... para todas as etapas. Libriño para as Letras Galegas 2022 realizado por "A Mestra Cris" Carouta coa cara de Florencio realizada por OZOCOgz Canción sobre Florencio Delgado realizada por Samuel Soto Escolma poética realizada pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda Lista de reproducción "Florencio Delgado Guirriarán. O soño da Galiza infinda" realizada pola RAG. Primavera das Letras realizada pola RAG (con xogos, marcapáxinas, debuxos...)

ROSCO PASAPALABRA LETRAS GALEGAS 2022

  EDUCACIÓN INFANTIL ROSCO PASAPALABRA EDUCACIÓN INFANTIL GRUPOS A ROSCO PASAPALABRA EDUCACIÓN INFANTIL GRUPOS B      EDUCACIÓN PRIMARIA ROSCO PASAPALABRA EDUCACIÓN PRIMARIA GRUPOS A ROSCO PASAPALABRA EDUCACIÓN PRIMARIA GRUPOS B

DÍA DA POESÍA 2022

Para conmemorar este día levamos a cabo unha actividade conxunta co CEIPP Anxo da Garda de A Coruña. Baixo o lema "Para festexar este día, de agasallo, unha poesía" alumnado de ambos centros graváronse recitando poemas en Lingua Galega. Hoxe todo o alumnado levou para a casa unha tarxetiña cun código QR, que enlaza co audio dunha desas poesías. Aquí podedes escoitar todas as poesías gravadas. Agardamos que vos gusten! 4º B EI "Biqueite" 6º A EI "Vagalume de versos" 6º B EI "Astronauta semanal" 6º B EI "A estación de tren" 1º A EP "Animais" 1º A EP " Na cociña" 1º A EP "O paxariño" 1º B EP "Vente rapaza" 2º EP "O sol" 3º A EP "Un neno no xardín" 3º B EP "A marabillosa primavera" 4º A EP "A Pantasma" (Adriana) 4º A EP "Cada estrela" (Xiana) 4º A EP "No niño novo do vento" (Delia) 4º A EP "A noite escura" (Mª Alejandra) 4ºA EP ...

8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

Imagen
Para conmemorar o 8 de marzo, levamos a cabo unha instalación artística baseada na de Pilar Cerdá, titulada "Ants traballadores". Aquí vos deixamos unha pequena explicación desta instalación e o resultado final.