Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022

Imagen
Para homenaxear a esta escritora no seu día preparamos un vídeo utilizando o conto "Rosalía pequeniña" de Uxía Senlle. O alumnado de Educación Primaria recitou os versos e o alumnado de Educación Infantil encargouse do estribillo. FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Imagen
Para a conmemoración deste día levouse a cabo unha instalación artística insprada na de Rivane Neuenschwander titulada "I wish your wish". Esta instalación está baseada na tradición brasileira das pulseiras de cores: se fas tres nudos e pides algo por cada un deles, cando o triple nudo se desfaga, os teus desexos cumpriranse. Nun primeiro paso, os nenos/as escribiron nunha pulseira de cores unha palabra que relacionan coa paz. Todas esas pulseiras puxéronse na entrada do centro. Unha vez que todas as pulseiras estiveron colgadas, cada neno/a foi e cambiou un desexo de paz escrito nun papel por unha das pulseiras, que posteriormente levaron para a casa.